O cómico David Puerto representará o espectáculo 'BIEN' en Burela o 9 de maio

O Concello de Burela anuncia que xa están á venda as entradas para BIEN, o espectáculo de humor de David Puerto, que se representará na Casa da Cultura de Burela o sábado 9 de maio de 2026 ás 20:00 horas.

“A cita enmárcase na programación cultural municipal e chega coa vontade de ofrecer ao público unha proposta de comedia en directo, fresca e participativa, para gozar dunha noite de risas na vila”, explica o Concello de Burela, que engade: “esta iniciativa responde á aposta do equipo de goberno por unha programación cultural estable, diversa e de calidade, que achegue a Burela espectáculos actuais e atractivos, ao tempo que dinamiza a vida cultural e social do municipio e contribúe a facer da Casa da Cultura un espazo de encontro para todos os públicos”.

As entradas poden adquirirse a través da plataforma Ataquilla.