Seráns
O 27 de xaneiro arrincan en Vilela os Seráns de Teatro do Concello de RIbadeo, que se enmarcan no programa Preto de Ti.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, subliñou que “desde la Concejalía de Bienestar Social seguimos apostando por dinamizar nuestro ayuntamiento. Así dentro del programa Preto de Ti comenzamos una nueva andadura con los Seráns de Teatro”.
A edil ribadense explicou que “el grupo de teatro Adala, de Fazouro, comenzará el sábado, 27 de enero, a las 19 horas en la escuela de Vilela con su obra Marina Club”.
Sierra dixo que “esta actividad continuará todas las semanas en una parroquia diferente. Animo a todos los vecinos y vecinas a participar, a juntarse y a disfrutar de un rato de entretenimiento y risas, que compartiremos todos juntos”.
... leer másO Concello de Trabada organiza unha programación cultural e lúdica no verán para disfrutar de diferentes espectáculos artísticos: concertos musicais, cine, maxia... e está dirixida a tódolos públicos.
Na semana das Festas Patronais empezará o venres 12 de agosto coas actuacións na Praza do Concello con Uxía Lambona e a Banda Molona e á noite ás 22:00 horas será a proxección da película Valentina.
O domingo 14 de agosto comezará o día co Programa da Deputación de Lugo "Saborea a túa Provincia". Trátase dunha xornada gastronómica e lúdica que vai estar amenizada co grupo tradicional Tumba e Dalle e pola tarde ás 18:00 horas actuará Kote Malabar, que levará a maxia a Trabada.
O luns 15 de agosto as 18:00 horas terá lugar a actuación de Mamá Cabra.
E o martes 16 de...
leer másO colectivo Ollomao de Barreiros organiza o ciclo Seráns de Cine que se celebrará dos días 22 de novembro ao 13 de decembro. As proxeccións terán lugar ás 21:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Hoxe, 22 de novembro, ofrecerase a película A língua das bolboretas de J.L. Cuerda.
O día 29 de novembro proxectarase Doentes de Gustavo Balza.
O 6 de decembro pasarase a cinta Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.
E o día 13 de decembro poderá verse Trote de Xacio Baño.
Ademais das proxeccións das películas haberá unha pequena presentación das mesmas por parte da organización e un posterior debate.
Colaboran na organización desta actividade: Concello de Barreiros e Deputación de Lugo.
O xoves día 22 terá lugar a actividade Bicicleta en familia, con saída na Praza da Catedral ás 20:00 horas. Media hora despois haberá ruada polas tabernas da cidade mindoniense co grupo Xaramolo, ás 21:00 comezará un espectáculo musical a cargo do dúo Aroma é para as 22:00 horas está programada unha observación astronómica pública O Camiño das Estrelas na Praza do Concello. Para participar nesta última actividade hai que inscribirse nos Servizos Sociais do Concello.
E o día 29 para ás 20:00 horas está programado o Festivaliño on the road, que é cine itinerante de curtas infantís. E ás nove e media da noite empezará un concerto a cargo do grupo Plan B. Estas actividades terán lugar na praza do Concello mindoniense.
O Concello de Mondoñedo organiza un verán máis “Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán”.
A actividade comezou o xoves 5 de xullo e prolongarase durante todos os xoves do verán ata o 23 de agosto, e desenvolverase na Praza do Concello.
Programación
O programa inclúe xogos tradicionais, circo, concertos de música, teatro e títeres.
“Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán” inaugurou a súa edición do ano 2018 o xoves 5 de xullo na que Puzzle Animación desenvolveu xogos tradicionais.
O xoves 12 de xullo ás 20:30 horas a compañía Circo Chosco levará a cabo o seu espectáculo “Riscando o Ceo”.
O día 19 de xullo haberá dobre sesión. Ás 19:00 horas estará a Gaitaescola coa súa actuación “Troula fin de curso” e ás 21:00 horas a actuación de...
leer más