Burela celebra un baile de Entroido e San Valentín este sábado, 14 de febreiro

Burela celebrará un baile de Entroido e San Valentín este sábado, día 14 de febreiro. Será na carpa instalada na Praza da Mariña desde as 23:30 horas ata as 04:00 da madrugada e haberá música en directo.

É un evento organizado para colaborar coas festas patronais de Burela e a comisión anuncia: “ven disfrazado/a, trae á túa xente e baila ata que o corpo aguante”.