A escritora Yolanda Penas Varela ofrecerá un espectáculo de contacontos en Ribadeo este venres, 6 de marzo

A escritora Yolanda Penas Varela ofrecerá un espectáculo de contacontos na biblioteca municipal de Ribadeo este venres, día 6 de marzo, ás 17:30 horas.

“A Biblioteca de Ribadeo convértese este venres 6 de marzo nun espazo para gozar da literatura en familia, cunha tarde chea de historias e emocións. Ás 17:30 horas terá lugar o contacontos titulado El corazón sensible. Da man de Yolanda Penas Varela, con ilustracións de Bernardo Koiti Tan, achegarémonos a un conto tenro e cheo de valores pensado para o público infantil e familiar. Unha actividade perfecta para descubrir o poder das emocións a través da lectura”, anuncia o Concello de Ribadeo.