
A Piscina Municipal de Viveiro porá en marcha novos cursos a partir do 16 de marzo, co obxectivo de “ampliar a oferta de actividade física e promover hábitos saudables entre a veciñanza”. Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas.
A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta, anuncia o Concello de Viveiro.


