Cabarcos, en Barreiros, celebra a súa primeira Comida Popular o sábado 28 de marzo

Cabarcos, no municipio de Barreiros, celebrará a súa I Comida Popular o día 28 de marzo, sábado. Será no campo da festa cerrado con carpa e estará amenizada por DJ Bombarbero e a charanga Europa. A sesión vermú comezará ás 13:30 horas e ás 14:30 servirase a comida.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural San Xulián de Cabarcos, que anuncia: “estamos desexando compartir este día tan especial con todos vós! Recordade que a data límite para coller os tickets é ata o luns 23 de marzo. Non o deixedes para o último momento. Contamos con vós para facer desta primeira edición algo inesquecible”.