
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no municipio de Cervo, celebrará neste mes de abril a Festa da Pascua, que será o domingo 5, e o 15º aniversario do colectivo, que está programado para o día 11, sábado.
As actividades da Festa da Pascua comezarán ás 13:30 horas cunha misa na capela e a partir das 14:30 haberá un xantar, no que para participar as inscricións están abertas ata este domingo, 29 de marzo.
E para celebrar o 15º aniversario da asociación o día 11 de abril desde as 13:00 horas terá lugar unha sesión vermú a cargo do dúo Caramelo e ás 14:00 horas comezará un xantar, no que para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 5 de abril. Despois haberá tardeo. O campo no que será o evento estará cuberto con carpa. “Este ano celebramos un aniversario moi especial, nin máis ni menos que 15 anos de vida, e non se nos ocorre mellor forma para celebralo que xuntarnos e festexalo como se merece”, anuncia a asociación de Trasbar.


