Trécola Producións presenta este xoves, 30 de abril, no Vicedo, o espectáculo infantil “Contos na Lúa”

Este xoves, día 30 de abril, ás 17:15 horas na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha actividade de animación á lectura coa presenza da compañía Trécola Producións presentando Contos da Lúa, un espectáculo dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria, anuncia o Concello de O Vicedo.

A sinopse desta actividade é a seguinte: “cando chega a noite, mentres durmimos, a Lúa asoma a súa cariña polas fiestras e goza dos nosos soños. Así coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas. Os soños que máis lle gustan son os de Calcetín, un persoeiro amante da lectura e con moita imaxinación. Flota entre as estrelas, leva o temón dun zapato que percorre os mares ou viaxa ata o mundo do revés”.