O Complexo Cultural Regal Xunqueira, de Viveiro, acollerá unha exposición de pinturas de Carmen Prado desde este venres, 29 de maio, ata o 30 de xuño

O Complexo Cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, acollerá unha exposición de pinturas de Carmen Prado desde este venres, día 29 de maio, ata o 30 de xuño. A mostra titúlase Coma sempre e será inaugurada ás 20:30 horas na sala de exposicións de Regal Xunqueira. No acto servirase un viño e algo de comer, anuncia a organización.

Carmen Prado, de Rábade, é “unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición. Tras máis de 20 anos dedicada ao debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados, realiza en 2013 a súa primeira exposición pictórica. Nestes anos a súa obra chegou a Inglaterra, Irlanda, Dinamarca, Francia, Andorra, Marrocos, Portugal, Houston, Italia, Noruega e a gran parte do territorio español. Os aspectos máis salientables da súa obra son o uso da cor e que pinta, eminentemente, figura feminina, aspecto polo que a prensa en xeral comezou a denominala a pintora das mulleres”, explican desde Regal Xunqueira.