
A ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 14 de xuño, a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación, que anuncia: “a proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá a 137 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, de Ribadeo; o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo”.
O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, achegouse a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15:30 horas coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.


