
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza a festa de San Xoán que se celebrará nesa localidade do municipio de Cervo este sábado, día 27 de xuño.
As actividades comezarán ás 19:30 horas con xogos tradicionais. A partir das 21:00 horas repartiranse bocatas, panceta e chourizo e ás 22:30 horas comezará a actuación de DJ Ovo. Ás 24:00 horas farase o acendido da fogueira e tamén haberá queimada.


