O XVII Encontro Internacional de Corais Vila de Foz será este sábado, 27 de xuño, na basílica de San Martiño

A décimo sétima edición do Encontro Internacional de Corais Vila de Foz terá lugar na basílica de San Martiño este sábado, día 27 de xuño, ás 19:30 horas.

Será o terceiro Memorial Carmen Alonso e actuarán a Coral Real Capilla, de Aranjuez; o Orfeão da Madalena, de Vila Nova de Gaia (Portugal) e a Coral Polifónica de Foz, que é a organizadora deste evento, que patrocina o Concello de Foz.