Este venres, 3 de xullo, haberá dúas actividades do Festival Atlántica en Santo Estevo do Ermo (Barreiros)

A asociación Mariña Patrimonio anima a participar nos dous actos do Festival Atlántica que se celebrarán este venres, día 3 de xullo de 2026, en Santo Estevo do Ermo, Barreiros, e nos que colabora ese colectivo.

As 19.00 horas terá lugar a actividade titulada O que contan as pedras e as prantas, que é un “roteiro narrado con Hugo López e Mariña Patrimonio polo sendeiro entre a ermida e a fervenza”. É para público familiar.

E ás 20.00 horas haberá un espectáculo de narración oral titulado Autoestradas e corredoiras, con Quico Cadaval, na ermida de Santo Estevo do Ermo. É unha actividade para público adulto.

Os dous actos serán en galego e con acceso libre.

“Animádevos a achegarvos a Santo Estevo do Ermo para compartir unha tarde de cultura, palabra, patrimonio e natureza nun espazo moi especial”, remata Mariña Patrimonio.