Santa Cilla, en Foz, celebra as festas do Carme esta fin de semana, do venres 10 ao domingo 12 de xullo

A parroquia de Santa Cilla, no municipio de Foz, celebrarás festas na honra da Virxe do Carme esta fin de semana, desde o venres 10 ata o domingo 12 de xullo.

As actividades comezarán o venres ás 21 horas con Churrascada e Chourizada amenizada polo grupo Lume e a orquestra Capitol.

O sábado ás 14 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Montreal, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo La Tremenda.

E o domingo ás 13 horas celebrarase misa solemne, procesión e sesión vermú no campo da festa a cargo do dúo Belinda, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 19 horas.

A organización dos festexos tamén anuncia que o domingo a partir das 19 horas haberá inchables gratis para os nenos, que o recinto estará cuberto con carpa e que dispoñen de amplos aparcamentos.