
Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará as festas na honra a Santa Cristina os día 24 e 25 de xullo, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 13:00 horas cunha misa cantada pola Coral Polifónica de Burela. A continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto a Panamá Band
E o sábado celebrarase misa ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén amenizará a verbena.


