O XL Festival de Música Coral en Viveiro será este venres, 14 de agosto, na Praza Maior

A Coral Alborada, de Viveiro, anuncia a celebración do XL Festival de Música Coral este venres, día 14 de agosto, ás 21:00 horas na Praza Maior, coa participación das seguintes agrupacións: Coral Polifónica de Guntín-Taboada, Coral Polifónica de Lalín, Coro Xuvenil YanGu Tu e Coral Polifónica Alborada de Viveiro.

 “Este festival está enmarcado dentro do programa cultural das festas patronais do noso concello, por iso agradecemos a colaboración e patrocinio do Concello de Viveiro para que este festival siga cumprindo moitos anos máis. Queremos tamén expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as agrupacións corais participantes e aos nosos fieis seguidores e colaboradores por facer posible este festival. A música cobra verdadeiro sentido cando se comparte en comunidade”, explica a Coral Alborada.