
O Concello do Valadouro anuncia que organiza entre o 29 de agosto e o 3 de setembro “seis noites para gozar do teatro amador, do humor e das historias dos nosos grupos”. Serán todos os días ás 22:00 horas e con entrada de balde no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A apertura de portas no local será 20 minutos antes de cada función.
Este sábado, día 29 de agosto o grupo Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) representará a obra titulada Da taberna ao consultorio e da cociña ao purgatorio. O domingo 30 O Centiño, de San Martiño (Foz), escenificará O Autobús…. O luns 31 A Adala (Fazouro) ofrecerá a obra Ai, Señor, Señor.... o martes 1 de setembro Ollomao (Barreiros) representará Dona Clara. O mércores 2 Pico do Castro (Foz), con Cousas de vellos. O xoves 3 haberá o pregón das Festas do Oito a cargo de Antonio Seijas e Touporroutou (Foz) ofrecerá a obra Aquí non paga nin Dios...


