As actividades das Escolas Deportivas Municipais de adultos en Barreiros desenvolveranse desde o 1 de outubro

O Concello de Barreiros anuncia: “estes días abrimos os prazos para renovacións (non se precisa facer nada), renuncias e novas inscricións para participar nas actividades das Escolas Deportivas Municipais de adultos que organiza o Concello de Barreiros para o curso 2026/2027”. As actividades comezarán o día 1 de outubro, xoves.

Esta tempada ofértanse clases de ximnasia de mantemento, pilates, ioga suave, ioga vivo, espalda saudable, zumba/step e baile en San Cosme e San Miguel de Reinante.

O Concello de Barreiros destaca que “este curso, por primeira vez, as persoas con matrícula vixente no último mes do curso pasado, maio-xuño 2026, terán dereito á renovación automática da súa praza, mantendo a actividade e localidade. Se é o teu caso e queres continuar, non tes que facer nada. No caso contrario, se non desexas participar neste novo curso, deberás comunicalo por escrito no rexistro do Concello de Barreiros do 7 ao 11 de setembro. Podedes consultar as bases así como o listado de persoas con dereito á renovación automática na web municipal concellodebarreiros.gal ou directamente a través da seguinte ligazón:

https://www.concellodebarreiros.gal/gl/servizos/deportes”.

Para máis información e dúbidas as persoas interesadas poden contactar a través dos teléfonos 680.913.904 e 982.12.40.02.