
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Viveiro, organiza unha charla divulgativa sobre as terapias non farmacolóxicas no tratamento da enfermidade de Alzheimer. Será este xoves, 24 de setembro, de 16:00 a 17:30 horas no Edificio Multiusos do Concello de Ourol. É unha actividade aberta a toda a poboación e será impartida por unha educadora social da Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Viveiro.
“Durante a sesión abordaranse diferentes estratexias e intervencións que poden contribuír ao benestar, á estimulación cognitiva e á mellora da calidade de vida das persoas con Alzheimer e outras demencias, así como ofrecer orientación e información de interese para as familias e persoas coidadoras”, explica o Concello de Ourol, que engade: “unha oportunidade para coñecer, aprender e compartir recursos e ferramentas que poden ser de utilidade no acompañamento das persoas con Alzheimer e outras demencias”.


