
O Concello de A Pontenova anuncia que o domingo 18 de outubro o Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presentará a obra teatral titulada Dona Clara, unha creación inspirada na obra A visita da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt. Será ás 19:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova.
“Unha oportunidade estupenda para gozar do teatro e apoiar a cultura e o talento da nosa contorna”, destaca o Concello de A Pontenova.


