En Vilaronte (Foz) haberá un curso de coiro todos os martes e xoves de novembro

O local da Asociación Cultural e Deportiva O Castro, de Vilaronte (Foz), acollerá un curso de coiro que se desenvolverá todos os martes e xoves de novembro de 17:00 a 20:00 horas.

As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse a través do teléfono 656.796.012.

Nesta actividade colabora o Concello de Foz.