
A Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá celebrará o seu primeiro magosto este venres, día 6 de novembro, ás 21.30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas, “para celebrar o outono e desfrutar dunha noite de encontro e festa”.
Haberá empanadas, tortillas, bolos preñados, biscoitos, castañas, bebida, música e sorteos.
A actividade “está aberta a todo o mundo. Vide coa familia ou coas amizades e acompañádenos neste primeiro magosto da asociación. Unha boa ocasión para xuntarnos, compartir e crear comunidade”, destaca a Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá.


