Foz acollerá o 13 de novembro un coloquio sobre a escritora Begoña Caamaño

O venres 13 de novembro ás 19:00 horas celebrarase un encontro na librería Bahía, de Foz, entorno á figura homenaxeada este ano no Día das Letras galegas, Begoña Caamaño, no que participarán a irmá da autora Bea Caamaño e a doutora en filoloxía galega María Liñeira.

Librería Bahía explica que con esta actividade pretenden “afondar na figura da homenaxeada e coñecer de man de dúas mulleres próximas a ela por distintos motivos todas as súas facetas”.