A pintora Ángeles Costafreda exporá en San Ciprián (Cervo) ata o 18 de decembro

O Concello de Cervo anuncia que o luns 23 de novembro ás 12:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura de San Ciprián a apertura da exposición titulada Outono e camiños da arte xaponesa, da pintora Ángeles Costafreda.

A mostra, que estará aberta ao público ata o día 18 de decembro, reúne máis de 50 traballos nos que “a natureza, a calma e a meditación son protagonistas. A través de diferentes técnicas e disciplinas, como pinturas outonais, sumi-é, caligrafías xaponesas, haikus, monotipos gelli prints e pinturas acrílicas, a exposición ofrece un percorrido pola sensibilidade e a estética da arte xaponesa”.