A comparsa Os Fandangueiros celebra unha cea baile en Alfoz este sábado, 28 de novembro

A comparsa Os Fandangueiros celebra unha cea baile no pavillón polideportivo de Alfoz este sábado, día 28 de novembro, desde as 21:30 horas.

“A cea estará servida polo Catering Chao da Brea e contaremos con Eventec para amenizar a noite. Ademais teremos sorteos e moitas ganas de festa. Para anotarvos poderedes contactar por teléfono (o último día para facelo é o 23 de novembro)”, anuncia a comparsa Os Fandangueiros, que tamén explica que “a partir das 00:00 horas, libre acceso a todo aquel que queira acercarse a desfrutar da festa!”.