O Concello de Cervo organiza un obradoiro de postais de Nadal para este sábado, 28 de novembro

O Concello de Cervo organiza un obradoiro de postais de Nadal “para que as máis pequenas e pequenos da casa poidan deixar voar a súa creatividade e preparar unhas felicitacións moi especiais para estas festas”. Será este sábado, 28 de novembro, na Casa da Cultura de San Ciprián.

Haberá dúas quendas por idades: de 6 a 12 anos, de 10:30 a 12:00 horas; e de 3 a 5 anos, de 12:00 a 13:00 horas.

“Unha mañá para compartir, crear e gozar do espírito do Nadal!”, anuncia o Concello de Cervo.