
O Concello da Pontenova organiza en colaboración coa empresa Game Sport diversas actividades en distintas parroquias do municipio.
Éstas comezarán o 1 de abril e serán talleres de memoria e manualidades básicas e ximnasia de mantemento. Terán lugar na Escola de Villaodrid os xoves e venres de 15:00 a 16:00 horas, na Escola de Xudán os luns e mércores de 15:00 a 16:00 horas, e no Local Social Polideportivo Rececende os luns e mércores de 15:00 a 16:00 horas.
Os destinatarios son persoas maiores de 50 anos e o prazo de inscrición estará aberto durante toda a actividade.
As actividades serán dúas horas por semana en días diferentes en cada un dos centros citados, unha hora consistirá en talleres de memoria e manualidades básicas e outra hora en ximnasia de mantemento.