Este venres, 29 de abril, preséntase en Ribadeo o documental "Cantando a Manuel María". Será unha dobre sesión: pola mañá para os centros de ensino e pola tarde para todos os públicos.

Este venres, 29 de abril, preséntase en Ribadeo o documental "Cantando a Manuel María". Será unha dobre sesión: pola mañá para os centros de ensino e pola tarde para todos os públicos.
 
Este venres, 29 de abril, preséntase no Cine Teatro de Ribadeo o documental "Cantando a Manuel María", de Millo Filmes. Entre os participantes están Darío Xohán Cabana, Armando Requeixo, Lois Diéguez, Camilo Gómez Torres, Felipe Senén, Manuel López Foxo, Pilar García Negro, Alfonso Blanco Torrado, Miguel Anxo Fernán Vello, Paco Martín, Luz Pozo Garza, Mario Regueira ou Mini e Mero.
 
"Cantando a Manuel María" servirá ao público para entender ao autor, ao tempo que as imaxes da Terra Chá e a música evocan emocións, sentimentos e transmiten a forza da súa obra e vida.
 
Haberá dobre sesión en Ribadeo, a primeira será ás 11:30 horas para o alumnado do Colexio Sagrado Corazón e do IES Ribadeo, e outra ás 20:30 horas para todos os públicos con entrada de balde.