Do 13 ao 15 de maio celébrase en San Martiño, en Foz, a romaría do Obispo Santo. O Concello sensibiliza nas redes sociais sobre a necesidade de deixar limpos os lugares de acampada.

Do 13 ao 15 de maio celébrase en San Martiño, en Foz, a romaría do Obispo Santo. O Concello sensibiliza nas redes sociais sobre a necesidade de deixar limpos os lugares de acampada.
 
Esta fin de semana do 13 ao 15 de maio celébrase en San Martiño, en Foz, a tradicional romaría de Obispo Santo.
 
O venres 13 haberá festa verbena coas orquestras Los Trovadores e Nueva Banda. O sábado 14 ás 13:00 horas terá lugar a misa e despois sesión vermú, tamén haberá festa verbena coas orquestras Nueva Banda e Israel Espectáculo. O domingo 15 ás 13:00 horas celebrárase a misa e de 14:00 a 18:00 horas será a sesión vermú. Tamén ese día haberá polbo, xamón cocido e churrasco servido por pulpería A Rochela de Vilalba.
 
A romaría de Obispo Santo, que terá lugar a carón da Hermida de San Gonzalo, está organizada pola Asociación Cívico-Cultural Obispo Santo e conta coa colaboración do Concello de Foz.
 
Con motivo da celebración da romaría do Bispo Santo, desde este venres 13 ata o domingo 15, o Concello de Foz acaba de poñer en marcha unha campaña a través das redes sociais facebook, twitter e instagram para sensibilizar aos asistentes a este festexo sobre a necesidade de deixar limpos os lugares onde acampen. Entre os participantes nesta iniciativa sortearase unha cea para un máximo de 20 persoas.
 
A Delegación Municipal de Xuventude explica que “a campaña Eu coido o Santo é para sensibilizar ás persoas que acampan na festa do Bispo Santo. Realízase a través das redes sociais nas que ten presenza o Concello de Foz: facebook, twitter e instagram. Os participantes nesta iniciativa deberán colgar fotografías do antes e despois do seu campamento para ver como todo queda recollido, xunto cos datos da peña ou responsable. O prazo rematará o 18 deste mes de maio. Entre todos e todas os participantes sortearase unha cea para un máximo de 20 persoas”.
 
Con esta campaña o Concello de Foz pretende que os asistentes á romaría do Bispo Santo respecten o medio ambiente do lugar, que non fagan lume no chan, que non danen as árbores e que recollan o lixo separando vidro, plásticos e residuos orgánicos.