O Centro Comercial Aberto de Foz comeza o 12 de xaneiro unha nova edición do Campañazo na que repartirá 2.400 euros en premios.

O Centro Comercial Aberto de Foz repartirá 2.400 euros en premios na nova edición do Campañazo que dará comezo o vindeiro 12 de xaneiro. 

Esta campaña desenvolverase os venres 12, 19 e 26 de xaneiro e o 2 de febreiro. Cada venres póñense en xogo 300 euros para quen cante o Campañazo e outros 300€ para o resto dos cartóns premiados. Os premios serán vales de compra e o sorteo celebrarase a partir das 23:00 horas.

Os 34 establecementos comerciais participantes neste Campañazo de Foz son: Alain Afflelou, Asesoría Marcos Fernández, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro de Dietética y Nutrición Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din y Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco nº2 (García Lorca), Farmacia Antonia Ulloa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda Íntima, Mapfre, María Docampo, MRW, OfiFoz, Pastelería Anduriña, Peluquería Ramoné, Salai Campo, Suministros Veipa, Unique-2, Vagaluz e Viajes Rodríguez. 

O sorteo poderá seguirse en directo a través de Radio Foz nos seguintes locais de hostalería: A Viela, Acuario, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Casa Damián, Costumes do Mar, Pizerría Xoiña, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Xoyma.