Terras de Lourenzá organiza a ruta do Día da Asociación, que terá lugar o 5 de agosto. Discorrerá entre o Pazo de Tovar e A Cazolga.

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza a ruta do Día da Asociación Pazo de Tovar- A Cazolga o vindeiro domingo, 5 de agosto.

Ás 9:30 horas xuntaranse os participantes na área recreativa da Cazolga e o percorrido irá dende o Val, pasando pola capitalidade en Santa María, ata rematar na Ponte da Cazolga. A distancia é de 12 quilómetros e o nivel de dificultade baixo.

Ao remate da andaina celebrarase unha comida de confraternidade na área recreativa da Cazolga.

O prezo é 10 euros para os socios e 15€ para os non socios. As inscricións poden facerse por correo electrónico en terraslourenza@gmail.com, ou por teléfono no 619 37 80 29(Lupe) ou 686 77 11 13(Emilio), antes das 14:00 horas do mércores 1 de agosto.