32 negocios participarán os días 1, 2 e 4 de abril nunha nova edición do Comercio na Rúa-Fóra Stocks en Foz

Trinta e dous negocios participarán os días 1, 2 e 4 de abril nunha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza Acia Foz-CCA. Durante as xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.

Nesta nova edición de Fóra Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mi Casa, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar esta nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks: “é unha oportunidade única para mercar artigos de tempada a prezos moi interesantes o vindeiro mércores, o Xoves Santo e tamén o sábado. Esta é unha campaña tradicional que facemos tanto na Semana Santa como no verán en Foz, que ten moi ba acollida entre a clientela e entre os negocios asociados. Agardamos que sexa un éxito de novo”.

Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.