Alfoz acolle do 2 ao 4 de agosto a Festa dos Chóferes, que organiza a asociación O Castelo

A Xunta apoia a Festa dos Chóferes de Alfoz, que se celebra esta fin de semana – do venres 2 ao domingo 4 de agosto - organizada un ano máis pola asociación cultural e xuvenil O Castelo.  

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación das actividades, que comezan mañá venres a partir das 23,00 horas coa actuación da orquestra New York  e unha discoteca móbil. O sábado as formacións Stéreo e Miramar tocarán nas verbenas que haberá pola mañá e pola noite. Pola tarde o campo a festa acollerá xogos populares.

Por último, o domingo día 4 terá lugar a tradicional procesión de vehículos polas parroquias de Alfoz – 11,00 horas - ; e haberá animación musical co grupo Montreal, entre outras actividades.