Arante (Ribadeo) acolle este sábado, 13 de decembro, a conmemoración do décimo aniversario da declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade

O Santuario da Nosa Señora das Virtudes, de A Ponte de Arante (Ribadeo), acollerá este sábado, día 13 de decembro, o acto conmemorativo do X Aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade.

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, anunciou que “este sábado, a partir das 11 e media da mañá, teremos o acto conmemorativo do décimo aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade. O que queremos celebrar é iso mesmo, poñer en valor todo o patrimonio que nos foi entregado e seguir investindo e así mellorando toda esta Declaración como Patrimonio da Humanidade que debemos seguir apostando por ela e poñer en valor e darnos conta que é unha inmensa honra que sexamos declarados como Patrimonio da Humanidade”.

O rexedor ribadense engadiu: “dez anos de historia, dez anos de avances importantes e significativos despois desta declaración tan importante. O acto comezará a partir das 11 e media da mañá co descubrimento da placa conmemorativa do 10º aniversario dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, a apertura do acto máis institucional correrá a cargo de Begoña Sanjurjo, que é a concelleira de Cultura. Haberá a proxección dun vídeo que quere poñer en valor é o Camiño de Santiago e tamén o Camiño Norte como fonte viva e activa de peregrinos cara Santiago de Compostela e tamén haberá unha quenda de intervencións: don Ángel Trabada, que é o vicepresidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, tamén asistirá Don Fernando García Cadiñanos, o Bispo de Mondoñedo, e José Manuel Merelles, que é o director da Axencia de Turismo de Galicia. O acto, digamos, máis intelectual, máis académico, correrá a cargo de Marcelino Agís, que é o presidente da Academia Xacobea, e o que van é a nomear Académico de Honra a Gómez Polín, que é profesor da Universidade de Santiago, e será a partires do sábado académico da Academia Xacobea de Galicia. E poñerá o broche de ouro, o punto final a este acto, a Coral Polifónica de Ribadeo”.

Para Dani Vega “é un acto moi importante, un acto de nivel e un acto que quere poñer en valor que somos un espazo vivo, activo e un espazo que ten a declaración das máis importantes destes momentos do mundo que é ser declarados Patrimonio da Humanidade”.