
A parroquia de Argomoso, no municipio de Mondoñedo, celebra as festas de San Pedro e San Pablo esta fin de semana, sábado 27 e domingo 28 de xuño.
As actividades comezarán o sábado con misa ás 13.00 horas e despois haberá sesión vermú co grupo Greasse, que tamén actuará na verbena xunto ao trío Merengue.
E o domingo tamén haberá misa ás 13.00 horas e despois sesión vermú larga co grupo Montreal.
A organización dos festexos destaca que haberá colchonetas gratis para os nenos.


