Argomoso (Mondoñedo) celebra as festas de San Pedro os días 28 e 29 de xuño

A parroquia mindoniense de Argomoso celebrará as festas do seu patrón, San Pedro, esta fin de semana, o sábado 28 e o domingo 29 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Tamén haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Tokio e o dúo Stylo.

E o domingo celebrarase misa ás 13:30 horas; e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Lume.