
A asociación cultural O Picato convoca a décima edición do concurso para elixir o cartel anunciador do Entroido de Trabada.
As bases do certame indican que “poderán participar tódalas persoas que así o desexen con traballos en tamaño din a4 (folio). A temática é libre, sempre e cando recolla o espírito do Entroido. A data límite de entrega é o venres 23 de xaneiro de 2026 ás 18.00 horas. Os traballos recolleranse na Librería Aenlle, de Trabada. Cada participante entregará un máximo de dúas obras, que serán anónimas: os datos persoais do/a autor/a deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo”.
O premio para o gañador é de 50 euros e darase durante a entrega dos premios do desfile de Entroido.
O fallo do xurado, formado pola xunta directiva da asociación cultural O Picato, darase a coñecer o 24 de Xaneiro.
A obra gañadora pasará á propiedade da Asociación Cultural O Picato e empregarase como imaxe de fondo do cartel anunciador do Entroido 2026, reservándose os seus dereitos de uso. E tódolos traballos serán expostos na Casa da Cultura do Concello de Trabada.


