A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta por Río de Porcos, en Negueira de Muñiz, para o 24 de febreiro, sábado. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán un cocido tradicional nun restaurante da zona. As prazas están limitadas polo aforo do local.
A saída será ás 07:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 20 febreiro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 (Pura) ou 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
O colectivo organizador explica: “a ruta de febreiro levaranos por primeira vez ata Negueira de Muñiz. Trátase dunha ruta por asfalto, polo que non son precisas botas de montaña senón calzado lixeiro e cómodo. E ao remate, un cocido típico destas datas”.