Ata o 18 de setembro está aberto en Viveiro o prazo de inscrición nos cursos infantís de natación para a tempada 2021-2022.

Normativa pre inscripción:

1- Natación infantil ofertase para nen@s nados entre 2016 e 2017, mentres que natación nenos para os nados entre  2008 e 2015. As escolas ofertaranse para os nados entre 2015 e 2006
2- A pre-inscrición ó comezo do curso farase de maneira presencial ou telefónica , e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da pre-inscrición  informando do total de prazas ofertadas para  o posterior sorteo.
Será preciso facer unha proba de nivel co fin de asignar a cada alumno no grupo correspondente .
3- Datas: As datas de preinscrición e de comezo de curso faranse públicas na instalación e demais medios de comunicación locais, con  antelación suficiente ó inicio do correspondente trimestre.
Para o primeiro trimestre o prazo de preinscrición será do 6 o 18 de setembro e o sorteo farase o dia 20 de Setembro.
A data de comezo do terceiro trimestre será o 4 de outubro e finalizará o 22 de Decembro.
4- Sorteo: Farase un sorteo xeral para todos os cursos. Sortearanse non só as prazas ofertadas en cada curso,  tamén as que formarán parte das listas de espera, e terán orde de preferencia en función da orde de saída dos números no sorteo.
Os nen@s que gañasen unha praza no seu grupo, quedarán automaticamente inscritos e de non estar finalmente interesado deberán comunicalo no prazo de dous días, ou pola contra quedaran obrigados o pago da taxa correspondente.
O sorteo será aberto ó publico, faráse Na piscina municipal as 11.00 horas do dia 20 de Setembro. O resultado será publicado no tablón da  Piscina Municipal e redes sociais da Concelleria de Deportes.
5-Normativa Prevención COVID-19: En todos os cursos ofertados , o aforo será limitado a 6 nen@s, dadas as actuais limitacións existentes, podendo ser ampliado se as circunstancias e normativa futuras o permiten.
Recoméndase na medida do posible, non facer uso das duchas, manter as distancias de seguridade e demáis normativa existente na instalación en materia de prevención de COVID-19.
Cada neno pode entrar acompañado dun adulto na zona de vestiarios, debendo permanecer na area individual delimitada, coa mascarilla posta e o menor tempo posible.
6- Con carácter xeral, un curso poderá ser anulado cando non se acade a cobertura mínima do 50% das prazas ofertadas
7- A dirección do centro, poderá modificar, anular ou engadir algún curso que por motivos técnicos-organizativos considere necesario.