
Este venres, día 15 de agosto, ás 22:30 horas haberá noite de cine ao aire libre na Praza das Casas Baratas, de Burela, coa proxección da película titulada Chicken Run: O Amencer dos Nuggets.
É unha actividade organizada polo Concello de Burela, que explica que é “unha comedia de animación para toda a familia, chea de aventuras e humor”.