
A Casa da Cultura de Foz acollerá unha charla sobre o cancro colorrectal este xoves, día 26 de marzo, ás 19:00 horas. Para asistir non é necesaria inscrición.
Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, que anuncia que na charla falarase “da importancia dos cribados, tratamentos e supervivencia”. Será impartida por Borja González Gómez (oncólogo da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos) e María Eugenia Rodríguez Barreiro (xefa de enfermería de cirurxía da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
“Desde a Asociación Española Contra o Cancro traballamos para impulsar a investigación en cancro de colon, e para garantir o dereito de todos a coidarnos colaborando na detección precoz do cancro. Actividade subvencionada pola Xunta de Galicia e X Solidaria”, rematan os organizadores.


