O Concello de Cervo anuncia que a Casa do Mar, en San Ciprián, acollerá un curso de competencias parentais o día 17 de setembro, martes, de 16:00 a 21:00 horas.
“Trátase dun curso gratuíto organizado desde a Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo AFAMMER-LUGO, coa colaboración do Concello de Cervo, dentro do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a fin de avanzar para profesionalizar o sector dos coidados do menor”, explica o Concello de Cervo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a partir deste martes, 3 de setembro, no teléfono 982.55.77.77.