
O Concello de Cervo anuncia que dentro das Noites Alternativas chega Pequecinema, o festival de cine infantil de Cervo. Será este xoves, día 28 de agosto, ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello. Con entrada libre ata completar aforo.
“Unha tarde máxica para desfrutar en familia con cinema, aventuras e moita diversión”, destaca o Concello de Cervo.