Cervo Concilia desenvolverase do 25 ao 27 de marzo e o 1 de abril. A inscrición para asistir está aberta ata o día 22

O Concello de Cervo abre este martes, 22 de marzo, o prazo para participar nunha nova edición de Cervo Concilia, en Semana Santa. 
 
Un programa pensado para contribuír á conciliación das familias durante as vacacións escolares. Está destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos e desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo e o  1 de abril entre as 8:30 e as 14:30 horas. 

O requisito indispensable para a inclusión dos nenos e nenas en Cervo Concilia é estar empadroado en Cervo. 
 
As inscricións formalizaranse na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo ata o 22 de marzo.