
O profesor, escritor e músico César Morán Fraga presentará a súa obra titulada O eco das ondas. Caminhos arredor da música, libro publicado o pasado ano 2025 pola editoral Medulia. O acto será o mércores 7 de xaneiro ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de Mondoñedo.
Na presentación o autor estará acompañado pola violinista e xestora cultural Rebeca Maseda Longarela.


