A comisión de festas de Trabada organiza un cocido no pavillón municipal o 31 de xaneiro

A comisión de festas de Trabada organiza un cocido no pavillón municipal o día 31 de xaneiro, sábado.

As actividades do evento comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada por Puma Dúo e a continuación servirase a comida, que incluirá sopa de cocido, morro, orella, lacón, costela, botelo, chourizo, verdura, garavanzos e cachelos, ademais de postre, viño, auga, refrescos, café e chupito. Despois haberá festa con Puma Duo e o sorteo dunha cesta de Entroido. A venta de entradas para participar estará aberta ata o 26 de xaneiro.