A comparsa As Farangullas pregoará o Entroido de Foz 2026

O Concello de Foz anuncia que a comparsa As Farangullas será a pregoeira do Entroido 2026.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “en proceso de recollida de solicitudes para a elección de raíña ou rei do Entroido 2026 vanse confirmando novidades para o mesmo. Un dos eventos máis emotivos en Foz é o pregón que se celebra o venres anterior ao desfile. Este ano o Concello propuxo como pregoeira á comparsa As Farangullas, que non só se encargará do pregón senón tamén da exposición do Entroido que se inaugura o xoves de comadres”.

Inés López Couto engade que “As Farangullas son unha comparsa que comeza a súa andadura no ano 2007 e que participan todos os anos de todos os eventos carnavaleiros. Estamos seguros de que serán unhas pregoeiras que demostrarán o sentimento de Foz co seu Entroido”.

A concelleira de Cultura tamén comentou: “seguimos traballando en organizar o Entroido 2026. Recordamos que se mantén aberta a inscrición para a elección do maior representante do Entroido focego, a raíña ou rei do Entroido, pode facerse sta o próximo día 30 de outubro no rexistro do Concello ou na sede electrónica”.