
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o X Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo, baixo o lema Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2026 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. Abriuse o prazo de presentación de orixinais que rematará o venres día 28 de novembro.
As fotos deben presentarse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2025”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Pode presentarse unha foto por participante.
O Concello de Mondoñedo explica tamén: “debes enviar as fotos en formato jpg, tif ou bmp e cunha calidade de máis de 750Kb, co que non se envíen fotos descargadas das redes sociais propias ou que teñan pasado a través do WhatsApp, xa que é moi probable que non teñan resolución suficiente como para poder logo facer o calendario; prégase que se envíen as fotos orixinais. Como todos os anos, haberá tres fotos premiadas”.
As bases completas están na web do Concello de Mondoñedo: www.concellomondonedo.es.


