Cristina Collazo presenta o espectáculo “Costureiriña Bonita” en Mondoñedo este domingo, 7 de setembro

O Concello de Mondoñedo continúa coa programación infantil do verán co espectáculo de Cristina Collazo, que presenta Costureiriña Bonita este domingo, día 7 de setembro.

Será ás 12:30 horas na Praza do Concello mindoniense.