A curtametraxe Jakobsland presentarase o sábado 9 de abril ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo. Para asistir é necesario anotarse na Casa da Cultura ou por teléfono (no 982.59.01.95) ou por mail en omix@concellodovicedo.org.
Jakobsland e unha produción de Queiman e Pousa dirixida por Roque Cameselle rodada nos concellos de O Vicedo e Mañón e xa foi presentada en Santiago. Do elenco forman parte actores como Isabel Blanco, Bruxo Queiman, Alfonso Agra, Sergio Pazos e Andrea Pousa.